O Colexio Nuestra Señora del Carmen, está situado na rúa, Virxe das Areas nº14 de Fisterra.
Foi fundado polo párroco Don Luciano Moreira Carracedo no ano 1965 comezando a funcionar nese mesmo ano. Dende o ano 1973 é dirixido academicamente pola congregación dos Hermanos de la Sagrada Familia.
Alumnos e profesorado
Eles son a nosa prioridade, o centro e o protagonista activo do seu propio proceso de aprendizaxe. Xunto cos demais colexios da familia Safa, emprendemos un camiño de renovación pedagóxica que chamamos “Pasarela cara a innovación”. Para levar a cabo este cambio contamos cun profesorado innovador e en formación continua.
Niveis educativos e servizos.
O colexio Nuestra Señora del Carmen ofrece os niveis educativos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
Así mesmo, ofrecemos os servizos necesarios para unha educación de calidade.
Invitámosvos a consultar a nosa web para ter máis información.