O Departamento de orientación do colexio encárgase de orientar os procesos de educación e aprendizaxe, ofrecendo un servizo de asesoramento a toda a comunidade educativa.
Seguindo as directrices do Novo Proxecto de Innovación Pedagóxica un dos nosos obxectivos é atender a diversidade do alumnado e dar resposta as súas necesidades educativas e/ou emocionais.
Algunhas das nosas funcións son:
- Facer entrevistas con familias e alumnos para acompañar procesos educativos e psicoafectivos.
- Asesorar ao profesorado no momento de facer os plans individualizados para garantir o logro das competencias básicas dos nosos alumnos.
- Velar pola orientación académica e profesional dos estudantes utilizando os instrumentos, as probas e as ferramentas adecuadas.
- Coordinar o noso traballo con outros profesionais do mundo educativo, social e psicolóxico da nosa contorna.
O Departamento de Orientación está formado polas seguintes persoas:
- Bárbara Canosa Fernández (Xefa departamento)
- Yolanda Mendoza López (PT)
- Antonio Canosa López (PT)
- Lisbeth Iglesias Blanco (AL)