É na etapa de Infantil onde se dan os primeiros pasos que forman a nosa personalidade, o noso carácter. Interpretamos nestas idades os primeiros compases que nos acompañan ao longo da nosa vida.
Conscientes desta importancia, o COLEXIO NUESTRA SEÑORA DEL CARMEN, preséntavos un programa de aprendizaxe no que, respectando o ritmo individual de cada alumno, unha metodoloxía flexible apoia a súa seguridade, a súa autonomía e desenvolve nos nosos alumnos o pracer por aprender e descubrir as posibilidades do mundo que lles rodea.
Un aprendizaxe vivencial que ofrece posibilidades para que o neno se comunique, observe, experimente e manipule, fomentando así, o seu espírito crítico e o seu protagonismo na súa evolución.
Como aprendemos?
Unha ensinanza personalizada cunha metodoloxía lúdica apoiada en múltiples recursos metodolóxicos e tecnolóxicos co obxectivo de formar aos nosos alumnos, tanto na súa dimensión académica como humana. Todo facilitado polo traballo de grandes profesionais acompañados por un proxecto educativo completo, integrador e que mira cara o futuro.