Pastoral

O obxectivo do departamento de Pastoral do Colexio, é animar a vida da nosa comunidade educativa de forma que consigamos que a nosa escola sexa unha Escola Evanxelizadora. Pretendemos axudar a todos os seus membros a vivir a súa fe no día a día e a integrala dentro do seu propio desenvolvemento persoal.

Traballamos tanto no ámbito escolar como no extraescolar.

Pastoral escolar

A pastoral escolar inclúe os seguintes aspectos:

  • A ensinanza relixiosa escolar ou clase de relixión, que reciben todos os nosos alumnos e que trata de facilitar unha síntese harmónica entre fe, cultura e vida.
  • A oración da mañá, ao comezo de cada día. É o momento breve a primeira hora de cada xornada na que botarnos en mans do Señor.
  • Ambientamos os espazos de forma que o visual acompañe o que queremos que se viva no centro.
  • Celebracións e eucaristías nas que unir os nosos compañeiros para dar gracias a Deus, confiarlle as nosas necesidades ou as do mundo.
  • Campañas de solidariedade, a través das cales pretendemos facer consciente á comunidade educativa das necesidades do mundo no que vivimos e crear nos alumnos un espírito solidario.
  • Convivencias, momentos especiais ao longo do curso nos que compartir co noso grupo ou clase o que somos e vivimos, sempre co obxectivo de axudarnos a madurar tanto na nosa vida como o noso camiño de fe.