REFORESTANDO 2015
Os alumnos e profesores da ESO, do Colexio Ntra. Sra. do Carmen, de Fisterra, desprazámonos ao Monte do Cabo para proceder á plantación de 100 castiñeiros, tal e como o vimos facendo dende hai algúns anos e dentro do proxecto de VOZ NATURA.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Estamos a reforestar o monte con especies autóctonas e propias do bosque atlántico e do clima oceanico co que estamos a loitar contra os incendios forestáis ao ser estas especies moito máis resistentes ao lume e evitan a propagación destes, razón pola que se constitúen en corta lumes ou devasas naturáis.
![]() |
![]() |
![]() |
|
||
![]() |
![]() |
![]() |
Para algúns foi a súa primeira experiencia de traballo na natureza e cos apeiros de labranza, pero aprenderon a plantar as árbores e a razón pola que é mellor empregar especies forestais autóctonas para preservar o bosque galego, tanto na súa flora coma na súa fauna.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ademais, foi unha ocasión para compartir cos compañeiros e profesores nunha tarefa común, na que colaboraron todos na medida das súas posibilidades, coa ilusión e o entusiasmo que os caracteriza. O tempo acompañou para o traballo e as chuvias anúncianse para os próximos días co que se asegura o éxito da plantación.
![]() |
![]() |
![]() |