Educación Primaria

A etapa de Educación Primaria é o nexo de unión entre os primeiros descubrimentos de Infantil e os retos da Secundaria.

O noso obxectivo é espertar nos nosos alumnos o desexo de aprender e favorecer que eles mesmos sexan os artífices dese aprendizaxe. Buscamos tamén que sexan capaces de desfrutar da beleza e da arte en todas as súas manifestacións e que, por suposto, en todo iso estean sempre presentes os valores humanos sen os que ningún sistema educativo tería sentido: o respecto ao outro, a solidariedade, a tolerancia, a responsabilidade, a liberdade…

Atendemos á diversidade mediante apoios en pequenos grupos ou de maneira individualizada durante a xornada lectiva.