Educación Secundaria

A ESO é a etapa educativa comprendida entre os 12 e os 16 anos. É o marco idóneo para consolidar as competencias básicas e poñer as bases para unha formación baseada na autonomía persoal que permita o aprendizaxe na responsabilidade, na solidariedade, na participación e na capacidade de adquirir compromisos individuais.

O colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra acompaña ao alumno no seu esforzo, ofrecendo espazos, dentro e fora da escola, de formación para que cada alumno poida valorar e facer servir todas as súas potencialidades.

  1. Ofrecemos espazos de formación humana en valores e participamos en campañas solidarias.
  2. Apostamos polo desenvolvemento da intelixencia emocional.
  3. Facemos un acompañamento personalizado dos alumnos con entrevistas individuais, espazos de seguimento por parte do titor e soporte do Departamento de Orientación.
  4. Aplicamos as TIC na didáctica das materias e facemos prácticas nos laboratorios.
  5. Colaboramos coas familias para facer un seguimento dos alumnos.
  6. Fomentamos actividades culturais e deportivas (teatro, museos, exposicións…)
  7. Traballamos o respecto á diversidade, educamos para o tempo libre en actividades lúdicas, traballamos en equipo e resolvemos conflitos mediante o diálogo e a mediación.