Co Proxecto Educativo ofrecemos á sociedade o tipo de persoa que queremos formar dende a nosa acción educativa. Unha persoa que, enraizada na súa tripla dimensión individual, social e transcendente, sexa capaz de conseguir, crítica e responsablemente, o seu proxecto persoal; confíe no home e traballe para facer da sociedade o ámbito onde as relación humanas sexan cada vez máis xustas, respectuosas e fraternas; e encarne, dende os valores cristiás, a realidade na que vive colaborando cos demais para conseguir un mundo máis solidario e feliz.
Queremos que o noso centro sexa un lugar de encontro entre persoas que crecen e maduran xuntas, preocupándose polo ben de todos. Por iso, propoñemos os valores da familia cristiá, seguindo o exemplo da Sagrada Familia, para ofrecerllos aos nosos alumnos e ás súas familias.
Todos (comunidade relixiosa, docentes e PAS, alumnos, familias, colaboradores, antigos alumnos…) formamos a Comunidade Educativa, todos estamos chamados á colaboración e á participación.
Todos compartimos unha misión que consiste en ofrecer unha educación de calidade e propoñer o ideal de vida cristiá como camiño para construír unha sociedade mellor.